Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pechan ao público o paseo polo saínte natural do Fuciño do Porco, no Vicedo

Pechan ao público o paseo polo saínte natural do Fuciño do Porco, no Vicedo

A pasarela que percorre os cantís pode derrubarse en calquera momento porque baixo o paseo hai grandes bolsas de auga provocadas polos temporais

É un dos grandes atractivos turísticos da Mariña que o ano pasado visitaron 160.000 persoas

G24.gal 01/02/2023 14:08

Haberá que esperar para poder observar o Cántabrico desde a pasarela do Fuciño do Porco. Este paseo polos escarpados cantís do Vicedo pode derrubarse en calquera momento. "En inverno cando chove filtra auga, fende e os apoios da pasarela ceden", explica o alcalde do Vicedo, Jesús Novo.

Xa houbo desprendementos pero aínda así hai quen salta as indicacións. "Si que saltan, van polo monte, é un perigo", asegura un veciño.

A pasarela de madeira instalárase no seu día para dar acceso á baliza marítima que hai nesa punta. Pero hoxe O Fuciño do Porco é un dos grandes atractivos turísticos da Mariña. "Veñen á pensión durmir, toman o almorzo, hai movemento na vila", di unha hostaleira local. Un veciño asegura que hai días que "é imposible subir, alí xúntanse ata 3.000 persoas", e outro engade que "vén moita xente, o Fuciño do Porco está de moda".

160.000 visitantes no 2022. Recuperar o paseo levará tempo. Os estragos son máis graves do esperado e para reparalos hai que facer unha obra de gran calado.

"Cando se poña en funcionamento sexa con todas as medidas de seguridade", sinala o alcalde. A previsión é poder reabrilo no verán. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade