Pedro Sánchez arroupa a Inés Rey na presentación da súa candidatura á alcaldía da Coruña
Pedro Sánchez arroupa a Inés Rey na presentación da súa candidatura á alcaldía da Coruña
O presidente do Goberno puxo o PSdeG como referente do municipalismo en España
O presidente do Goberno viaxou ata A Coruña para participar na presentación da candidatura de Inés Rey á alcaldía da cidade.
Pedro Sánchez gabou o papel do PSdeG como referente, dixo, do municipalismo en toda España. Acompañado de Valentín González Formoso, do delegado do Goberno e do ministro de Sanidade, Sánchez anunciou unha partida de 400 millóns de euros para mellorar a Atención Primaria en todo o Estado.
E asegurou que os socialistas farán unha campaña afastada do insulto e centrada en promover reformas que melloren a calidade de vida dos españois.
"Esa é a diferenza entre o PP e PSOE. Eles identifican as reformas cos recortes, e nós identificamos as reformas coa dignidade. Por iso dignificamos as pensións, por iso subimos o salario mínimo interprofesional e por iso imos dignificar o acceso á vivenda dos mozos no noso país", dixo Pedro Sánchez.
Sánchez visitou o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo da Coruña
Previamente, o presidente do Goberno visitou o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo Sánchez percorreu as instalacións e coñeceu de primeira man o traballo que realiza a diario o centro. O presidente do Goberno tamén visitou o buque remolcador de Salvamento Marítimo SAR Gavia.