Sánchez viaxará a Rabat, invitado por Mohamed VI, para consolidar a nova relación
Sánchez viaxará a Rabat, invitado por Mohamed VI, para consolidar a nova relación
O rei alauí fixo a invitación nunha conversa telefónica co presidente do Goberno
Marrocos agradece ao presidente do Goberno a súa mensaxe sobre o Sáhara
A Fronte Polisario advirte de que seguirá loitando pola independencia
Pedro Sánchez conversou este xoves telefonicamente con Mohamed VI, rei de Marrocos, para consolidar a nova etapa de relacións bilaterais respecto á nova "folla de ruta" baseada "na transparencia, o respecto mutuo e o cumprimento dos acordos entrambos países".
Así o comunicou o presidente do Goberno na súa conta de Twitter.
He conversado con S.M. el rey Mohamed VI sobre las relaciones entre España y Marruecos. Lanzamos una hoja de ruta que consolida la nueva etapa entre dos países vecinos, socios estratégicos, basada en la transparencia, el respeto mutuo y el cumplimiento de los acuerdos.
— Pedro Sánchez (@sanchezcastejon) March 31, 2022
Na xornada do venres, o ministro de Asuntos Exteriores, José Manuel Albares, deseñará co seu homólogo marroquí, Nasser Burita, as bases que guiarán as novas relacións bilaterais.
O rei alauí invita a Sánchez a visitar Marrocos
Mohamed VI, en conversa telefónica, invitou a Pedro Sánchez a visitar Marrocos nos vindeiros días.
Nun comunicado do Gabinete Real marroquí, o monarca reiterou a Pedro Sánchez a súa "alta apreciación polo contido da mensaxe que lle dirixiu o pasado 14 de marzo", en que se apoia o plan de autonomía marroquí para o Sáhara Occidental.
A Fronte Polisario seguirá loitando
O delegado da Fronte Polisario en España advertiu que o pobo saharauí seguirá loitando con todos os mecanismos que ofrece o dereito internacional para lograr o seu obxectivo de liberdade e independencia para o Sáhara Occidental.
Abdulah Arabi amosou a sorpresa que produciu na organización o apoio do Goberno español á proposta de Marrocos porque consideran que España segue a ser a potencia responsable da descolonización do seu territorio.
Dixo que lonxe de asumir responsabilidades España optou por un xiro radical na súa postura respecto ao Sáhara e non ten en conta o ditame do Tribunal de Xustiza Europeo que manifesta que o Sáhara e Marrocos son territorios distintos e separados e non poden ser obxecto de acordo económico ningún entre a UE e as autoridades alauís.
Por último destacou que restablecer as danadas relacións hispano-marroquís non pode facerse en detrimento das lexítimas pretensións do pobo saharauí, en guerra -dixo-con Marrocos desde que este rompeu o alto o fogo o ano pasado.