Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez destaca a colaboración na "loita pola xustiza social" cos socialistas portugueses

Sánchez destaca a colaboración na "loita pola xustiza social" cos socialistas portugueses

O líder do PSOE participou no Porto no 50 aniversario do Partido Socialista de Portugal

Salientou o traballo común en cuestións como a emerxencia climática, a excepción ibérica e a resposta ante a crise económica

G24.gal 23/04/2023 21:02 Última actualización 23/04/2023 21:24

Pedro Sánchez iniciaba a tarde no Porto cunha xuntanza bilateral co seu homólogo portugués, António Costa, para trataren temas relacionados coa presidencia española do Consello da Unión Europea. Entre eles, a reforma do marco de gobernanza económica, a redución dos custos da enerxía ou as relacións con América Latina. Despois Sánchez interviña na celebración do cincuenta aniversario do Partido Socialista portugués.

"Unha aperta fraterna daqueles que tantas batallas loitaran convosco por Europa, pola democracia e polo progreso social que nos uniu e sempre nos unirá".

Sánchez apelou á colaboración ante a emerxencia climática pola exposición xeográfica dos dous países. Lembrou tamén o papel de Felipe González e Mario Soares no fortalecemento das relacións hispano-lusas e falou da excepción ibérica en materia enerxética como un exemplo ante a crise derivada da guerra de Ucraína.

"Tras vivirmos a crise financeira, traballamos coa convicción de que, esta vez, o prezo da crise non a ían pagar os mesmos de sempre", sinalou Sánchez, e explicou que a resposta está na" xustiza social".

Finalmente, o líder do PSOE rememorou a revolución lusa dos caraveis, que cumprirá medio século o vindeiro 25 de abril. Dixo que os socialistas españois seguen vendo con admiración ese "extraordinario día" de valentía".
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade