Sánchez di que a investidura de Feijóo é a "crónica dun fracaso anunciado"
Sánchez di que a investidura de Feijóo é a "crónica dun fracaso anunciado"
Sánchez inauguraba o curso político en Málaga propoñendo catro anos máis de avances sociais fronte á "Investidura fake" de Feijóo.
Sobre o caso Rubiales asegurou que a marca España sae reforzada coa "reacción exemplar" das xogadoras da selección e da sociedade española
Pedro Sánchez retornaba a Andalucía para inaugurar o curso político co proceso de investidura de Feijóo como foco referencial. Desde Málaga dixo que saben que non suman e que tamén o sabe a sociedade española. Explicou que con esa investidura España "perde un tempo precioso" para que o gañe Feijóo no seo do PP.
"Unha investidura 'fake', se é que o proceso de investidura do señor Núñez Feijóo é unha longa crónica dun fracaso anunciado. E foi derrotado o seu proceso, ou mellor dito, o seu proxecto de derrogación de todo o conquistado nestes últimos cinco anos".
O outro tema principal foi o caso Rubiales. Sánchez falou dunha onda de feminismo "imparable" e asegurou que esta situación en vez de danar a imaxe de España pode potenciala.
"A marca España é a reacción exemplar das xogadoras da selección española de fútbol e a reacción espectacular da sociedade española, que dixo xunto a elas: 'Acabouse'. E ese acabouse é con todas as consecuencias, tamén para os dirixentes que se viron involucrados nestes lamentables sucesos".
O líder do PSOE explicou, por último, que veñen catro anos máis de conquistas sociais, de España verde, de dignidade salarial, de feminismo e de diálogo territorial con bo talante.