Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez anuncia no Senado a subida do salario mínimo e a oposición critica o seu triunfalismo

Sánchez anuncia no Senado a subida do salario mínimo e a oposición critica o seu triunfalismo

É o sexto cara a cara entre o presidente e o líder da oposición, Alberto Núñez Feijóo

G24.gal 31/01/2023 15:40 Última actualización 31/01/2023 17:38

Foi o golpe de efecto da comparecencia de Pedro Sánchez no Senado. O anuncio da subida do salario mínimo producíase minutos despois de que rematase a xuntanza entre os sindicatos e o ministerio de traballo e antes incluso de que comparecese a ministra Yolanda Díaz ou os propios sindicatos.

Sánchez destacou na súa intervención que, desde que chegaron ao Executivo, o salario mínimo subiu  en España un 36%, pasando de 735 euros brutos ao mes a 1.000 euros; o que o converte no segundo país da OCDE que máis o revalorizou.

O presidente do Goberno puxo o acento na perda de poder adquisitivo que sufriron os salarios en España na última década, que achacou á falta de responsabilidade política e tamén do sector privado.

"As grandes empresas aumentan beneficios, pagan bonus millonarios a executivos e non soben nin un céntimo os salarios (...) por que as ganancias van parar a mans duns poucos?", reflexionou.

Sánchez destacou na súa intervención os 45.000 millóns que gastou o Estado en políticas de axuda aos cidadáns máis desfavorecidos e criticou as peticións de rebaixas de impostos por parte da dereita por considerar que só serven para aumentar as desigualdades sociais.

O líder do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, criticou o presidente porque considera que acusa as comunidades de destruir o estado de benestar e acusa o Goberno de non asumir as súas responsabilidades.

Feijóo criticou ademais o triunfalismo económico do Goberno. Cre que, a pesar das cifras que deu Sánchez, España segue á cola de Europa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade