Cargando resultados...
Pedro Sánchez liga o futuro das pensións a uns salarios dignos
Pedro Sánchez liga o futuro das pensións a uns salarios dignos
O líder do PSOE sinalou que "os soldos dignos de hoxe son as pensións dignas de mañá"
G24.gal
11/03/2023 14:06
Última actualización 11/03/2023 14:23
Pedro Sánchez defendeu este sábado a reforma das pensións apelando á necesidade duns salarios dignos para sostelas no futuro. Nun acto preelectoral en Huelva, salientou que seguirá apostando pola súa revalorización para garantir un retiro digno.
"Dixéronnos que non iamos ser capaces de reformar as pensións e quen o dicían eran aqueles que cando gobernaron conxelaron as pensións e desvalorizaron tamén as mesmas, cando é xusto o contrario. Do que temos que ser conscientes é de que o noso sistema público de pensións se garante cuns soldos dignos, porque os soldos dignos de hoxe son as pensións dignas de mañá".