Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez pecha a porta á consulta pola independencia que anuncia a Generalitat

Sánchez pecha a porta á consulta pola independencia que anuncia a Generalitat

O Partido Popular di que a palabra do presidente do Goberno non ten credibilidade

G24.gal 27/12/2022 14:49

O primeiro paso foi a eliminación do delito de sedición e a reforma da malversación no Código penal. Agora, o goberno catalán marca un novo obxectivo e pon data: en 2023 avanzará nunha consulta de independencia.

"Na sociedade catalá hai un amplo consenso sobre a necesidade de resolver o conflito co Estado votando. Por iso este 2023 a Generalitat impulsará un debate, unha ampla conversa, co conxunto da sociedade, para darlle forma e visualizar ese consenso. Para visualizar un acordo entre nós sobre cando Cataluña poderá volver a exercer o dereito a decidir", asegurou Pere Aragonès.

O presidente catalán responde así no seu discurso de Nadal a Pedro Sánchez que deu por rematado o procés. Desde o Goberno defenden a utilidade que está tendo a mesa de diálogo para resolver din un problema de convivencia e avanzar no que chaman axenda do reencontro. Pero pechan a porta á consulta.

"Son debates do pasado. Na Constitución Española non se recoñece o dereito á independencia dun territorio. Poderán reclamar o que queiran pero non se vai producir", dixo Pedro Sánchez.

Desde o Partido Popular din que o Goberno non ten credibilidade. "Cando lle escoitamos que non haberá un referendo en Cataluña temos claro que os independentistas decidirán cando se realiza", afirmou Cuca Gamarra.

E aseguran os populares que en Cataluña segue sen respectarse a Constitución porque non se garanten os dereitos lingüísticos dos cidadáns.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade