Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez pide "chamarlles ás cousas polo seu nome" e di que a ETA é unha banda terrorista derrotada pola democracia

Pedro Sánchez pide "chamarlles ás cousas polo seu nome" e di que a ETA é unha banda terrorista derrotada pola democracia

O presidente do Goberno non cambiará a relación con Bildu como socio de gobernabilidade en Madrid

Núñez Feijóo di que o PP sempre traballou para evitar que entrase nas institucións "un partido que non diferenza entre os que matan e os que morren"

G24.gal 18/04/2024 19:26 Última actualización 18/04/2024 20:07

O presidente do Goberno pronunciouse por primeira vez desde Bruxelas sobre as polémicas declaracións do candidato de Bildu, que rexeitou referirse a ETA como unha banda terrorista.

Pedro Sánchez pediulle a Pello Otxnadiano chamarlles ás cousas polo seu nome e dixo que a ETA foi, con toda claridade, "unha banda terrorista, derrotada pola democracia española".

A polémica non lle fai ao presidente do Goberno cambiar a súa posición con respecto a Bildu como socio de gobernabilidade en Madrid, algo que lle reprochan desde o PP. Alberto Nuñez Feijóo asegura que os populares sempre se posicionaron do lado das vítimas e intentaron que Bildu non entrase nas institucións.

Estas son as palabras do presidente, Pedro Sánchez: "Hai que chamarlles ás cousas polo seu nome, e a ETA non é unha organización armada, nin o movemento de liberación nacional que dixo Aznar. A ETA foi unha banda terrorista que foi derrotada pola democracia española grazas á unidade de todos os demócratas".

Alberto Núñez Feijóo, o presidente do PP, respondeulle: "A primeira vez que hai un presidente do goberno central grazas aos votos de Bildu é con Pedro Sánchez. Nós sempre fomos claros no rexeitamento a que Bildu estea nas institucións mentres que non sexa un partido que teña claro a diferenza entre os que matan e os que morren".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade