Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez quere cambiar a lei do "só si é si", pero falta o acordo con Podemos

Sánchez quere cambiar a lei do "só si é si", pero falta o acordo con Podemos

A parte socialista do executivo ábrelle a porta á reforma, despois da revisión á baixa de máis de 260 condenas

Desde Podemos aseguran que "a día de hoxe" non existe acordo e este sábado defenderon a lei nun acto partidista

O PP, a través de Cuca Gamarra, ofrécelle os seus votos a Pedro Sánchez para modificar o texto legal

G24.gal 28/01/2023 20:59 Última actualización 29/01/2023 09:58

Pedro Sánchez adoptou a decisión de introducir cambios na lei do só si é si para "resolver os problemas detectados". Iso é o que apuntan literalmente desde A Moncloa este sábado.

A parte socialista do executivo pretende acabar co aumento progresivo de rebaixas de penas e excarceracións que se están producindo desde novembro, cando se aprobou o texto legal.

Engaden que o obxectivo é consensuar as modificacións cos socios de Goberno "con plena sintonía".

Pero Podemos subliñaba que "non existe acordo sobre unha solución válida" e segue a defender a lei.

"É unha ofensiva contra unha lei, a lei só si é si que é un avance incuestionable e o que estamos vivindo estes días son presións por parte de sectores conservadores que queren volver ao modelo anterior. Presións do sector conservador que queren botar para atrás o consentimento", explica Isa Serra, covoceira estatal de Podemos.

Desde o Partido Popular, Cuca Gamarra di que é "inadmisible que o Goberno non cambie a lei" porque se están beneficiando delincuentes sexuais cada semana e propón unha solución.

"Fagámolo e canto antes. Os votos do Partido Popular que hoxe temos nas cámaras están a disposición do Goberno para cambiar esta lei. Non necesita a Podemos, non necesita ninguén, só necesita sensibilidade. Aparquen a soberbia e póñanse a lexislar ben".

Na Moncloa aseguran que, en todo caso, o obxectivo é ter "unha solución lista axiña".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade