Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pedro Sánchez pide "cumprir a Constitución de pe a pa" en plena crise xudicial

Pedro Sánchez pide "cumprir a Constitución de pe a pa" en plena crise xudicial

O líder dos socialistas asegura que ese cumprimento debe facerse tanto no Goberno coma na oposición e engade que o PSOE deu probas sobradas diso

As declaracións coinciden coa ruptura co PP para a renovación da cúpula xudicial

G24.gal 29/10/2022 15:07 Última actualización 29/10/2022 20:25

No acto de conmemoración do triunfo electoral de 1982, Pedro Sánchez reclamou o cumprimento estrito da Constitución, coincidindo coa crise da renovación do Consello Xeral do Poder Xudicial. Sen citar o PP en ningún momento, deixou unha mensaxe alusiva á situación actual:

"A Constitución debe cumprirse de pe a pa, do primeiro ao último dos artigos todos os días do ano, estéase no Goberno ou estéase na oposición. Como dicía Felipe, que desde partidos políticos se incumpra sen pudor ningún o cumprimento coa Constitución é a derrota da moderación, o triunfo do extremismo, porque o que fai é deteriorar a nosa democracia e a convivencia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos