Cargando resultados...
Pedro Sánchez volve pedir unha reforma do mercado enerxético consensuada na UE
Pedro Sánchez volve pedir unha reforma do mercado enerxético consensuada na UE
Di que só se conseguirá moderar os mercados desacoplando os prezos do gas e da electricidade
G24.gal
16/03/2022 20:49
O presidente do Goberno volveu defender unha reforma do mercado enerxético consensuada entre todos os países da Unión Europea. Asegura que só se conseguirá moderar os mercados desacoplando os prezos do gas e da electricidade.
"É importante que consensuemos unha reforma estrutural na forma en que o mercado está decidindo o prezo da electricidade. Hai unha conexión entre o gas e a electricidade que agora non se xustica e está afectando ao benestar dos cidadáns, da industria e das pemes", di Pedro Sánchez.