Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sánchez, Yolanda Díaz e Abascal apoian os seus candidatos na campaña vasca

Sánchez, Yolanda Díaz e Abascal apoian os seus candidatos na campaña vasca

O presidente critica as iniciativas de PP e Vox contra a Lei de memoria democrática

A vicepresidenta anuncia a presentación no Congreso dunha lei contra a corrupción

Imanol Pradales, candidato do PNV a lehendakari
G24.gal 06/04/2024 20:45 Última actualización 06/04/2024 21:35

Pedro Sánchez estivo este sábado en Vitoria-Gasteiz para apoiar o candidato socialista a Lehendakari na primeira fin de semana de campaña que tamén contou coa presenza da vicepresidenta e líder de Sumar, Yolanda Díaz, e do líder de Vox, Santiago Abascal.

O candidato socialista pediu o voto dos descontentos co PNV e dos que non queren aventuras independentistas mentres o presidente do Goberno criticaba as iniciativas de PP e Vox contra a lei de Memoria Democrática.

 "Por iso compañeiros é máis importante que nunca en Euskadi e en España un partido socialista forte con garantías para poder gobernar e poder influír".

En Azkoitia, Guipúscoa, o candidato do PNV, Imanol Pradales, prometeu traballar polo benestar dos vascos sen imposicións nin exclusións.

"E por iso eu vou ser o primeiro que sua a camiseta para mellorar a vida da xente".

En Donosia, EH BILDU acusou a PNV e PSE de aliarse para manterse no poder apoiándose no PP.

"Necesitamos unha rexeneración política que rompa con esta inercia decadente".

Elkarrekin Podemos presentouse como a única forza que garante o cambio.

"Si cremos que outras Euskadi é posible".

E o líder do PP vasco e candidato a lehendakari, Javier de Andrés, criticou as políticas sobre o éuscaro de socialistas e peneuvistas.

"A nosa sociedade é a que é e non a que quere inventar o PNV, a que quere forzar Bildu e a que complace ao PSE".

O líder de Vox mostrouse convencido de que van manter o único escano que teñen no parlamento vasco.

"Xa sabedes o que vai pasar se o partido socialista é o que decide, que van gobernar con Bildu".

Nas súas primeiras eleccións vascas, os candidatos de Sumar contaron co apoio de Yolanda Díaz, que anunciou a presentación no Congreso dunha lei contra a corrupción.

"E non achegamos nada se convertemos a política neste delirio, neste espectáculo, nesta lameira que o 'e ti máis", uns e outros están convertendo a política española no noso país".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade