Peleteiro regresa satisfeita de Roma pero con ganas de moito máis en París
Peleteiro regresa satisfeita de Roma pero con ganas de moito máis en París
"Este é un pequeno paso no camiño cara aos xogos olímpicos", asegurou a atleta no aeroporto de Madrid
Oito medallas (dous ouros, catro pratas e catro bronces) foi a colleita da delegación española no Europeo de Roma de atletismo. Son dúas menos que hai dous anos en Múnic e foron 29 finalistas. A Federación Española xa declarou que os números non son para estar satisfeitos na cita anterior aos Xogos Olímpicos de París.
Unha das atletas que cumpriu de xeito sobrado co obxectivo foi a ribeirense Ana Peleteiro. A galega logrou a medalla de ouro no triplo salto cunha das mellores marcas da temporada (14.80) e a segunda mellor marca da súa carreira.
"Este é un pequeno paso no camiño para os Xogos" declarou Peleteiro no seu regreso. Sabe que en París non vai estar por lesión a gran favorita Yulemnis Aguilar e que pode optar a todo na cita máis importante da súa carreira. Xa ten un bronce olímpico e agora buscará mellorar ese rexistro.