Cargando resultados...
Pepe Criado foi homenaxeado despois de 32 anos de servizo ao Racing
Pepe Criado foi homenaxeado despois de 32 anos de servizo ao Racing
O xa expresidente deixou hai unhas semanas o cargo
G24.gal
25/09/2023 23:09
Última actualización 28/09/2023 12:27
Unha das persoas máis importantes do Racing nas últimas décadas recibiu no partido diante do Zaragoza unha merecida homenaxe. Estivo nas boas épocas e tamén nas malas. Sempre traballando arreo para o club da súa vida, na primeira liña os últimos 32 anos.
Foi o presidente do ascenso, o que colleu a remuda da familia Silveira e o que fixo unha transición tranquila. Pepe Criado vaise como lle gustaría, co seu equipo nun gran momento de forma e con máis de oito mil persoas animando o Racing.