Pequenos atrasos este sábado no eixe ferroviario atlántico de Galicia
Pequenos atrasos este sábado no eixe ferroviario atlántico de Galicia
Os problemas máis graves estanse a dar na longa distancia, nas conexións con Madrid
Esta mañá de sábado rexistráronse pequenos atrasos na rede ferroviaria galega entre Vigo e A Coruña. A maioría dos usuarios de vacacións ou en xornada de lecer non lle deron importancia a chegar fóra de hora.
Máis graves son os constantes problemas e atrasos destes días na longa distancia, sobre todo nas conexións con Madrid.
Desde que se estrearon en Galicia os novos trens avril da serie 106 de TALGO rexistráronse no noso país 480 incidencias.
O Ministro de Transporte e RENFE xa anunciaron que van esixir compensacións económicas a TALGO polos problemas técnicos destes convois. Tamén a administración galega reclamou por escrito ao ministerio que se acheguen solucións aos constantes incidentes ferroviarios en Galicia.