Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sexta onda cébase coa poboación menor aínda sen vacinar

A sexta onda cébase coa poboación menor aínda sen vacinar

Tamén se detectan moitos positivos asintomáticos que contaxian familias enteiras

G24.gal 22/01/2022 21:28

Se por algo se caracteriza esta sexta onda é por ser a máis contaxiosa de todas debido á variante ómicron, que ten unha gran capacidade de transmisión.

"Hai moita xente que non nota nada, fai o test e é positivo. E ademais familias enteiras porque son asintomáticos e non se decatan e son positivos e non o saben ata que xa están todos contaxiados dentro da unidade familiar."

Son as palabras dun dos enfermeiros do covid auto de Vigo nesa loita fronte unha variante máis transmisible pero que ten unha sintomatoloxía máis leve, grazas en gran medida á vacinación. Iso provocou que familias enteiras pasasen este Nadal practicamente confinados.

E dentro dese alto número de contaxiados están os máis pequenos da familia. Así o están a detectar nas probas deste covid auto de Vigo onde realizan uns 500 tests por quenda.

"Moitísimo neno, que son os que aínda están sen vacinar loxicamente porque, claro, nos nenos é moi complicado o de manter as corentenas".

Con todo, aínda hai familias enteiras que ao longo desta pandemia conseguiron librarse do virus.

Fronte á capacidade de multiplicación desta variante, e para seguir gañándolle a batalla ao virus, o persoal sanitario fala de manter esas medidas de prevención sen baixar a garda. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade