Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pesca, fondos europeos e tren; principais temas do encontro entre Rueda e Von der Leyen

Pesca, fondos europeos e tren; principais temas do encontro entre Rueda e Von der Leyen

O presidente da Xunta cualifícaos como asuntos "fundamentais" para Galicia, en que a UE "ten moito que dicir"

G24.gal 20/03/2023 14:39

O futuro da pesca é un dos puntos que levará o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, á xuntanza que manterá o próximo luns en Bruxelas coa presidenta da Comisión Europea, Úrsula von der Leyen.

No encontro, Rueda tamén abordará as prioridades que ten Galicia para destinar fondos europeos. Segundo explicou este luns durante un acto en Curtis, vai aproveitar esta xuntanza para transmitirlle á dirixente europea os temas "fundamentais" nestes momentos para Galicia, en que a UE "ten moito que dicir".

Rueda agradeceu á presidenta da Comisión este encontro, que fai de Galicia "a primeira comunidade autónoma en ser recibida nunha reunión específica", destacou, o que considera "un recoñecemento" de que se "están facendo as cousas ben" na xestión dos fondos europeos e as políticas comunitarias.

Precisamente sobre os fondos Next Generation, o presidente galego transmitiralle a Von der Leyen que hai "cousas que corrixir" da convocatoria do Goberno central para que Galicia os poida aproveitar "en toda a súa plenitude" e falaralle dos proxectos galegos que aspiran a este financiamento.

Sobre o sector pesqueiro, Rueda vai abordar as últimas decisións da UE que son "claramente prexudiciais" para Galicia e propoñerá que se poidan "modular" ou "corrixir" para compatibilizar a defensa do medio ambiente e a "pervivencia" deste sector fundamental para a comunidade.

Tamén transmitirá a necesidade de asegurar a planificación das grandes infraestruturas europeas para asegurar que as que se desenvolven en Galicia teñan a conectividade con España e Europa, como é o caso do Corredor Noroeste ferroviario de mercadorías, sobre a que destacou a unión que existe con Asturias, Cantabria, Castela e León e País Vasco para reclamar a conexión a través de Francia.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade