Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pide 5.000 euros ao dono por desocupar unha vivenda en Lugo

Pide 5.000 euros ao dono por desocupar unha vivenda en Lugo

Os ocupas entraron na casa en xuño deste ano, despois de tirar a porta abaixo

G24.gal 20/10/2024 20:51

Cada vez se dan máis casos de ocupas que piden cartos aos donos lexítimos das vivendas para deixalas libres. O último que recolle a prensa é o dun ocupa da rúa dos Gardas, en Lugo, que lle reclama 5.000 euros ao propietario para marchar da vivenda.

Nesta casa entraron cunha patada na porta a finais de xuño. Unha ocupación ilegal que tivera certa sona porque os ocupas foran multados por invadir a vía pública ao botar ao lixo os mobles que tiñan os propietarios lexítimos no interior da vivenda.

Pouco máis de tres meses despois daqueles feitos, a prensa recolle que agora os asaltantes reclámanlle 5.000 euros aos donos para deixar a vivenda libre. Alegan que investiron eses cartos en obras dentro da casa. 

"O dos ocupas estásenos indo das mans", coméntanos un veciño.

Nesta mesma rúa xa se tapiaron varias vivendas para evitar novas ocupacións.

Varios veciños non quixeron falar á cámara alegando que lles teñen medo aos asaltantes da vivenda.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade