Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden 19 anos de cadea para o acusado de encerrar, maltratar e violar a súa muller

Piden 19 anos de cadea para o acusado de encerrar, maltratar e violar a súa muller

A moza sofre un dano psicolóxico como consecuencia dos feitos atribuídos ao seu home

Félix Aragunde 31/05/2022 12:52

Na última xornada do xuízo por violación, maltrato e detención ilegal celebrado na Audiencia Provincial de Lugo coñecéronse os resultados das probas clínicas realizadas á vítima. Os peritos declararon que a moza sofre un dano psicolóxico como consecuencia dos feitos atribuídos ao seu home, co que casara a través dun matrimonio concertado.

Gloria Hernández, avogada da acusación particular: "É unha persoa mi vulnerable, de 19 anos, sen coñecer o idioma, e vindo a un sitio onde non tiña familia nin amizades, produciuse esa situación de abuso por parte do seu marido".

Polos delitos de agresión sexual, detención ilegal, maltrato habitual e maltrato no ámbito familiar, a Fiscalía pide 19 anos e seis meses de cadea para o acusado. Ademais, solicita o afastamento da vítima por un período de 34 anos e o pagamento de 8.000 euros por danos morais.

Gloria Hernández, avogada da acusación particular: "Segue sendo moi noviña e sen ningún tipo de familia aquí, simplemente coa axuda dalgunha asociación e dalgunha amizade que coñeceu a raíz disto. É unha situación difícil de superar".

Pola súa parte, a defensa pide a libre absolución.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade