Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden 3 anos de cárcere para o alcalde de Sada, Benito Portela

Piden 3 anos de cárcere para o alcalde de Sada, Benito Portela

Acúsano de ocultar denuncias a locais de hostalería

Tamén piden unha pena de 3 anos de cárcere e 12 anos de inhabilitación para a concelleira de Seguridade, Pilar Taibo

G24.gal 23/01/2025 20:43

A Fiscalía solicita 3 anos de cárcere e 18 de inhabilitación para o alcalde de Sada, Benito Portela, por un delito de prevaricación e outro de infidelidade na custodia de documentos.

O Ministerio Público tamén pide unha pena de 3 anos de cárcere e 12 anos de inhabilitación para a concelleira de Seguridade, Pilar Taibo.

O fiscal indica que ambos, entre 2018 e 2020, recibiron "con selo de recibín e mediante a súa firma un número importante de denuncias da Policía Local a establecementos de hostalería de Sada por presuntas infraccións administrativas" que despois ocultaron "de común acordo e plenamente conscientes de que con iso vulneraban o correcto funcionamento da Administración pública".

Así omitiron, segundo a Fiscalía, "a tramitación do correspondente expediente administrativo encamiñado a valorar e, no seu caso, sancionar os establecementos afectados por elas".

"Expedientes que o acusado tería que resolver ditando as resolucións oportunas en cada un deles", engade o fiscal, que cita no seu escrito seis denuncias que non foron tramitadas polo rexedor e oito que debía xestionar Taibo.

O Ministerio Público sinala que os feitos son constitutivos dun delito de prevaricación e outro de infidelidade na custodia de documentos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade