Un mecánico xubilado de Ourense reproduce o primeiro automóbil da historia
Un mecánico xubilado de Ourense reproduce o primeiro automóbil da historia
Trátase de un vehículo de tres rodas deseñado polo enxeñeiro alemán Karl Benz en 1885
Manuel Gil tivo que facer el mesmo as pezas para construilo e tardou uns tres meses
Foi durante o confinamento cando chegou ás mans de Manuel Gil, un mecánico ourensán xa xubilado, un libro sobre coches antigos. Alí viu o Benz Patent-Motorwagen, considerado o primeiro automóbil da historia, e decidiu reproducilo.
Contou coa axuda do seu fillo para darlle forma ao vehículo. Seguindo o deseño recreou cada unha das pezas de xeito artesanal. O máis difícil, di, as rodas. Tamén lle engadiu algunhas modificacións, como o motor de arranque. Pode acadar os 35 quilómetros por hora. O orixinal non superara os 16.
A creatividade deste ourensán non para e xa traballa noutros vehículos peculiares.