Publicador de contidos
Publicador de contidos

Piden estudos e alternativas ante a mortaldade do marisco nas rías

Piden estudos e alternativas ante a mortaldade do marisco nas rías

O sector marisqueiro reclámalles unha solución ás administracións

Desde o ámbito científico demandan a intervención dos expertos

G24.gal 17/12/2023 21:01 Última actualización 17/12/2023 21:13

Os campos marisqueiros galegos están sufrindo unha caída da produción. As especies máis afectadas son o berberecho e a ameixa. En 2008, por exemplo, recolléranse en Galicia 781 toneladas de ameixa e o ano pasado, só 29. O sector marisqueiro reclama estudos claros que expliquen a alta mortalidade dos bivalvos.

"Haberá que ter estudos profundos e valentes para saber a que nos enfrontamos e tratar de buscar medidas compensatorias, se estamos a tempo", di o presidente da Confederación de Confrarías de Pontevedra, José Manuel Rosas.

O científico Xosé Luís Otero adianta que o marisco morre pola confluencia de moitos factores.
Destaca o cambio climático, ao que achaca entre outras consecuencias a redución do vento do nordés, característico nas nosas costas e favorable para a riqueza das rías. Pero denuncia tamén que son ecosistemas maltratados desde hai anos.

"Todas estas grandes infraestruturas portuarias, vías de comunicación afectan á natureza dos sedimentos onde medran os bivalvos", aclara.

O sector reclámalles alternativas ás Administracións e o científico pide que se fomente a intervención dos expertos. 

"Eu o que lles pido aos políticos é sensibilidade, dun lado e do outro, que non se pasen a pelota, que busquen unha solución", insiste o presidente da Confederación de Confrarías de Pontevedra.

"Necesitamos de biólogos, de microbiólogos, de sociólogos, de economistas... Que se reúnan e que poñan o seu saber en común e, a partir de aí, adiantarse aos acontecementos, porque as cousas non van mudar e se mudan, mudarán para peor", advirte o coordinador científico da Rede de Estacións Biolóxicas da USC.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade