Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pionyang lanza 6 mísiles máis, un deles activa a alerta no Xapón

Pionyang lanza 6 mísiles máis, un deles activa a alerta no Xapón

Finalmente non chegou a sobrevoar o arquipélago por un fallo en pleno voo

O primeiro ministro xaponés cualifica de "intolerable" esta cadea de lanzamentos 

G24.gal 03/11/2022 16:48

Tras disparar máis de 20 proxectís, Corea do Norte incrementou este xoves a tensión rexional ao lanzar máis mísiles balísticos, un deles activou a alerta en varias rexións do Xapón pese a que aparentemente non chegou a sobrevoar o arquipélago por un fallo en pleno voo.

Estes lanzamentos buscan dar resposta a unhas grandes manobras aéreas que realizan esta semana Seúl e Washington, e que debían rematar este venres, pero que finalmente se prolongarán uns días máis.

O primeiro ministro xaponés, Fumio Kishida, cualificou de "intolerable" esta cadea de lanzamentos norcoreanos, mentres que o Consello de Seguridade Nacional surcoreano, liderado polo presidente Yoon Suk-yeol, "condenou con dureza" estas accións que violan as sancións da ONU.

O Lanzamento desde Sunan

O mísil que aparentemente non chegou a completar o seu voo foi o primeiro lanzamento, tal e como reportaron as autoridades surcoreanas e nipoas.

"O exército da República de Corea do Sur detectou o xoves 3 de novembro, o lanzamento do que parece ser un mísil balístico de longo alcance (ICBM) desde Sunan, en Pionyang, arredor das 7.40 (22.40 GMT do mércores) cara ao mar do Leste (nome que recibe nas dúas Coreas o mar do Xapón)", detallou o Estado Maior Conxunto surcoreano.

Este mísil activou o sistema nipón J-Alert que insta á poboación a buscar refuxio, e que se emitiu cara as 7.46 hora local (22.46 GMT) en Niigata, Yamagata e Miyagi.

A Garda Costeira nipoa notificou 24 minutos despois que o proxectil podería ter caído á agua, pero finalmente o Ministerio de Defensa confirmou que non sobrevoou o arquipélago, cara onde se dirixía aparentemente nun principio.

O titular xaponés de Defensa, Yasukazu Hamada, indicou que o mísil "desapareceu do radar" cando sobrevoaba o mar do Xapón e que as autoridades continúan analizando a información ao respecto.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade