Pirata marca o gol dunha vitoria moi festexada no Agustín Mourís de Noia (2-1)
Pirata marca o gol dunha vitoria moi festexada no Agustín Mourís de Noia (2-1)
O cadro noiés conseguiu a primeira vitoria da temporada como local diante do Alzira cun gol do xogador galego a dous minutos para o final
O Noia Portus Apostoli conseguiu, por fin, a primeira vitoria da temporada como local. Foi no cuarto partido que xogou nun Agustín Mourís que festexou por todo o alto o gol da vitoria de Pirata no minuto 38.
O Alzira chegaba a terras galegas como o pechacancelas (1 punto colleitado en 6 xornadas) pero vendeu moi cara a derrota. Ao descanso chegouse con empate sen goles no marcador. Na segunda metade abriu o camiño do triunfo un gol do porteiro Henrique (minuto 24).
O equipo de Tomás de Dios foi xestionando esa vantaxe pero a tres minutos do final empatou o conxunto visitante cun tanto de Joaki. A reacción do Noia resultou inmediata e o gol de Pirata serviu para sumar a segunda vitoria da temporada, a primeira diante dos seus afeccionados.