Publicador de contidos

Publicador de contidos

Podemos acusa a Sumar de formar unha "coalición de guerra" co PSOE

Podemos acusa a Sumar de formar unha "coalición de guerra" co PSOE

O PP asegura que non vai consentir "chapuzas lexislativas" para aumentar o gasto en defensa sen pasar polo Congreso nin aprobar novos presupostos xerais

G24.gal 17/03/2025 14:55

Podemos cualifica de "antidemocrático e propio dun goberno autoritario" a suposta intención do Goberno de aprobar unha suba do gasto militar sen pasar polo Congreso dos Deputados.

Os morados cren que o PSOE vai esquivar o Congreso coa complicidade de Sumar. Segundo Pablo Fernández, voceiro de Podemos, Yolanda Díaz "dixo que está de acordo coa decisión tomada polo PSOE, co cal, evidentemente, se engloba nesa coalición de guerra".

Sumar reméxese contra os antigos compañeiros de filas aos que acusan de entrar nunha "guerra de titulares", e mesmo sacan peito da súa influencia neste asunto.

Segundo Lara Hernández, secretaria de Organización do partido, conseguiron que o PSOE "matice e reconsidere as súas posicións" para que o gasto en defensa "non sexa á custa dos servizos públicos".

O PP ve o Goberno dividido e sen ningún plan. O seu voceiro, Borja Sémper, asegurou en conferencia de prensa que non van consentir "chapuzas lexislativas como as que pretende o presidente do Goberno relativas a traspasar créditos dunhas partidas orzamenarias a outras como se fose un intercambio de cartas".

O PP vai forzar esta semana unha votación no Congreso para que os grupos se posicionen sobre o gasto en defensa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade