Cargando resultados...
Podemos tramita un ERE para os seus empregados nas sedes autonómicas, entre elas, Galicia
Podemos tramita un ERE para os seus empregados nas sedes autonómicas, entre elas, Galicia
A redución dos ingresos provoca o peche de sedes e extinción de contratos
G24.gal
07/08/2023 17:19
Podemos comeza a tramitar un expediente de regulación de emprego que se converterá ma extinción dos contratos e peche de nove sedes: Galicia, Aragón, Asturias, Baleares, Canarias, Cantabria, Madrid e Valencia.
Esta decisión tómase tras os resultados das eleccións de maio e xullo, en que a formación morada reduciu a súa presenza.
A través dun comunicado, Podemos explica que, segundo os seus cálculos, os ingresos reduciranse nun 70 % na organización estatal e un 90 % nos nove territorios afectados.
Un total de 45 traballadores das sedes autonómicas veranse afectados.