Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polémica política arredor do decisivo pleno do Congreso sobre aforro enerxético

Polémica política arredor do decisivo pleno do Congreso sobre aforro enerxético

O PSOE e Unidas Podemos traballan para asegurar os votos da maioría da investidura para o xoves vindeiro e validar o decreto

Feijóo anuncia que o PP como partido non levará ao Constitucional as medidas de aforro enerxético

G24.gal 20/08/2022 21:07 Última actualización 20/08/2022 21:21

Xoves vindeiro no Congreso dos Deputados. A supervivencia do decreto de aforro enerxético depende do pleno extraordinario dese día. O Goberno aínda non ten os apoios necesarios para validalo, pero está traballando en asegurarse a maioría.

Desde o PSOE, defenden que as medidas de aforro do executivo da Sánchez son as correctas, tamén co obxectivo de frear o cambio climático:

 "A guerra que estamos vivindo, o déficit enerxético que estamos tendo en Europa creo que nos está abrindo os ollos como europeos acerca de que temos que tomar medidas e temos que facer o que está facendo o Goberno de España, ademais incrementando a enerxía renovable", explica Santos Cerdán, secretario de Organización do PSOE.

En Unidas Podemos din que o PP é "irresponsable" e confían en aprobar o decreto, pero con máis medidas engadidas de contido social:

"Medidas que, sobre todo, redunden en que tamén os que contaminan máis, os que gastan máis enerxía teñen que ser o que se aperten máis o cinto", matiza Javier Sánchez Serna, deputado e covoceiro de UP.

Mentres, Núñez Feijóo afirma que o PP non recorrerá contra o decreto ante o Constitucional, pero avala implicitamente a postura de Ayuso:

"Entendemos que non nos corresponde facelo. Estamos falando de se hai ou non hai invasión competencial. Esa é a pregunta e iso correspóndelles ás comunidades autónomas. Nós formulamos un recurso de inconstitucionalidade cando entendemos que hai unha parte de España onde non se aplica a lei".

Feijóo sostén que as medidas de aforro enerxético do Goberno son"unha tirita" e que o PP fará propostas concretas o xoves.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade