Publicador de contidos
Publicador de contidos

Policías e gardas civís piden xubilacións dignas e equiparación salarial

Policías e gardas civís piden xubilacións dignas e equiparación salarial

Concéntranse ante as delegacións do Goberno de toda España para denunciar agravios comparativos con outros corpos de seguridade

A plataforma convocante anuncia novas mobilizacións e xuntanzas cos partidos políticos
G24.gal 07/06/2023 13:14

Policías nacionais e gardas civís concentráronse este mediodía ante a Delegación do Goberno en Galicia e diante das subdelegacións de Pontevedra, Lugo e Ourense. 

Reclaman unha xubilación digna e a plena equiparación salarial. Unha protesta que se celebrou á mesma hora e fronte a todas as subdelegacións do Goberno de España.

A plataforma conxunta de policías e gardas civís denuncia agravios e desigualdades respecto a outros corpos de seguridade e anuncian que continuarán mobilizándose ata que atendan as súas reivindicacións.

Piden que se realice unha nova auditoría externa que recolla cal é a diferenza salarial entre gardas civís, policías nacionais, mossos ou ertzainas. Aseguran que chegan a cobrar entre 400 e 500 euros mensuais menos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade