Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos 749 detidos nas protestas de Venezuela, entre eles o opositor Freddy Superlano

Polo menos 749 detidos nas protestas de Venezuela, entre eles o opositor Freddy Superlano

O político "foi secuestrado" por uns supostos "funcionarios encapuchados", que o meteron dentro dun coche

As protestas en Venezuela xa deixan uns sete falecidos

Captura da detención de Freddy Superlano, compartida por Vente Venezuela Captura da detención de Freddy Superlano, compartida por Vente Venezuela
G24.gal 30/07/2024 18:17 Última actualización 30/07/2024 19:21

Polo menos seis persoas morreron749 foron detidas en Venezuela nas últimas horas tras as numerosas protestas rexistradas en varias rexións do país contra o resultado electoral do domingo, que ratificou a Nicolás Maduro como presidente reelecto. Ademais, os partidos Vente Venezuela e Voluntad Popular denunciaron o secuestro do opositor Freddy Superlano, perpetrado por supostos "funcionarios encapuchados".

No seu balance particular, a ONG Foro Penal, contabilizou tan só 132 arrestos verificados, aínda que tamén seis "asasinatos", rexistrados nos estados de Aragua, Táchira, Yaracuy e Zulia.

O fiscal xeral, Tarek William Saab, ofreceu este martes un balance sobre a actuación dos corpos de seguridade no marco destas manifestacións, que se saldaron tamén con 48 policías e militares feridos, así como coa morte dun membro da Forza Armada "produto dos disparos ocasionados por estes manifestantes" no estado Aragua. Este útlimo falecido hai que sumalo aos seis contabilizados pola ONG.

Saab non falou sobre as lesións sufridas polos manifestantes, que foron repelidos con gases lacrimóxenos e perdigóns usados pola forza pública, segundo constatou EFE en Caracas.

Denuncian a detención do opositor Freddy Superlano

O partido Vente Venezuela denunciou que "funcionarios encapuchados" detiveron este martes o exdiputado opositor de Voluntad Popular Freddy Superlano e compartiu en X un vídeo no que arrancan un vehículo no que supostamente vai dentro.

"Alertamos a comunidade internacional sobre esta nova onda de detencións contra líderes políticos en Venezuela", dixo VV na rede social xunto ao vídeo, no que se escoitan apupos e berros de persoas en rexeitamento á detención do antichavista e os seus compañeiros.

A información foi confirmada posteriormente pola formación á que pertence o detido, que asegura que o seu coordinador político foi "secuestrado" e alerta a comunidade internacional sobre "a escalada represiva da ditadura de Nicolás Maduro contra os activistas da causa democrática" tras as eleccións.

Pola súa banda, Leopoldo López, exiliado en España, dixo a pasada madrugada que falou con Superlano, quen lle transmitiu que "non hai medo; abaixo a ditadura, viva a liberdade".

Superlano foi deputado da Asemblea Nacional (AN) xurdida das eleccións lexislativas de 2015 e o seu mandato estendeuse desde 2016, cando se constituíu o Parlamento, ata 2021.

O opositor foi candidato aos comicios rexionais de 2021 polo estado Barinas -berce de Hugo Chávez-, que gañou por unha estreita marxe, un resultado que foi anulado co argumento de que o antichavista estaba inhabilitado, aínda que esta versión xerou dúbidas, xa que Superlano púidose inscribir ante o Consello Nacional Electoral (CNE) para competir nos comicios.

As eleccións repetíronse por orde das autoridades competentes e a oposición gañou novamente, esta vez co candidato Sergio Garrido, actual gobernador do Estado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade