Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polo menos dez mortos e vinte e cinco feridos ao envorcar un autobús en Australia

Polo menos dez mortos e vinte e cinco feridos ao envorcar un autobús en Australia

Os 36 viaxeiros viña de celebrar unha voda e volvían para o hotel

A Policía acusou de dez cargos ao condutor, entre eles condución perigosa con resultado de morte

G24.gal 12/06/2023 08:12

Polo menos dez persoas morreron e outras vinte e cinco quedaron feridas ao envorcar o autobús en que viaxaban na localidade de Greta, a uns 180 quilómetros ao norte da cidade de Sídney, informaron fontes policiais.

A Policía da rexión de Nova Gales do Sur explicou hoxe nun comunicado que o suceso ocorreu ao redor das 23:30 do domingo nunha rotonda de Greta, situada nunha turística zona vitivinícola de Hunter Valley.

A comisionada asistente interina da Policía de Nova Gales do Sur Tracy Chapman dixo esta mañá que unhas 25 persoas foron evacuadas, dúas delas en helicóptero, a diversos hospitais "con feridas de diversa consideración".

A Policía non deu detalles das identidades, nin idades das vítimas nin dos feridos, aínda que aclarou que non hai menores.

"Teño entendido que os pasaxeiros estiveran xuntos nunha voda" e aparentemente dirixíanse aos seus aloxamentos, precisou Champman en declaracións a xornalistas recollidas pola cadea pública australiana ABC.

A xefa policial tamén informou de que o condutor, un home de 58 anos, foi arrestado por este accidente, e aínda descoñecen as causas debido a que as investigacións están na súa etapa preliminar.

Chapman sinalou que "potencialmente" pode haber xente atrapada debaixo do autobús.

A Policía australiana informou este luns de que acusou de dez cargos, entre eles condución perigosa con resultado de morte, ao condutor.

O acusado deberá comparecer mañá nun tribunal de xustiza do estado de Nova Gales do Sur, onde sucedeu o sinistro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade