Publicador de contidos
Publicador de contidos

Polonia-Países Baixos, unha loita no barro con Weghorst como heroe (1-2)

Polonia-Países Baixos, unha loita no barro con Weghorst como heroe (1-2)

O dianteiro neerlandés resolve o partido saíndo dende o banco cun gol nos últimos minutos

Eslovenia e Dinamarca empataron (1-1) nun partido de moito ritmo

G24.gal 16/06/2024 16:13 Última actualización 16/06/2024 19:50

Partido moi importante para o desenvolvemento do grupo D, o grupo da morte desta Eurocopa, no que están encadrados Polonia, Países Baixos, Austria e Francia, unha das grandes favoritas a gañar o campionato, e tres seleccións moi fortes con grandes xogadores. O partido comezou da mellor maneira para Polonia, cun gol do dianteiro Buksa, relevando ao lesionado Lewandowski, á saída dun córner. A alegría durou pouco e Cody Gakpo, tras varios rebotes logrou o gol do empate.

O partido discorría segundo o plan de partido de Polonia, ben plantado atrás, e saíndo con transicións moi perigosas, contando coas ocasións máis claras do partido. Países Baixos non era quen de romper esa defensa férrea do combinado polaco, ata que Koeman decidiu trocar o plan de partido inicial e cambiou a xogadores de bo pé que baixan a buscar o balón e meteu a Frimpong e Weghorst para xogar un fútbol máis directo. E con ese fútbol directo chegou o gol da remontada do salvavidas Weghorst, centro á área de Aké, que tras un rebote Weghorst remata ao fondo da rede. Partido moi disputado, con mellores ocasións para os polacos, pero no que o equipo tulipán logra a vitoria e os tres puntos.

Empate no Dinamarca-Eslovenia (1-1)

Nun partido moi entretivo Dinamarca e Eslovenia empataron a un gol. Erikssen, que na anterior Eurocopa foi noticia polos problemas de saúde, redimiuse cun gol no primeiro tempo. Ningún dos dous conxuntos especulou e foi Eslovenia a que empatou no minuto 77 cun tanto de Janza. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos