Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pontevedra é a primeira cidade galega en distinguirse como zona de baixas emisións

Pontevedra é a primeira cidade galega en distinguirse como zona de baixas emisións

A DXT acaba de darlle o visto e prace ao Concello para cumprir coa lei de cambio climático

A norma obriga as cidades de máis de 50.000 habitantes a reduciren a contaminación

G24.gal 13/12/2023 19:28

Pontevedra é a primeira cidade galega en instalar os novos sinais que regulan as zonas de baixas emisións. A DXT acaba de darlle o visto e prace ao Concello para cumprir coa lei de cambio climático, que obriga as cidades de máis de 50.000 habitantes a reduciren a contaminación.

A Lei de cambio climático afecta 149 municipios de toda España que terán que incorporar nas súas cidades zonas de baixas emisións. 

En Galicia, Pontevedra é a primeira en conseguir a sinalización da zona de baixas emisións. A cidade xa cumpre cos niveis mínimos de contaminación que establece a normativa europea polas medidas que se foron tomando desde hai anos cun modelo propio de peonalización.

Ao contrario doutras cidades de España non cobrará peaxes nin limitará o paso a determinadas zonas urbanas polo distintivo ecolóxico dos vehículos, como establece a lei de cambio climático. 

O resto de cidades galegas aínda non teñen implantada a zona de baixas emisións, pero na maioría delas, os centros históricos xa están restrinxidos ao tráfico.

A data límite para a implantación das zonas de baixas emisións é o 2023, pero non todas as cidades chegarán a tempo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade