Pontevedra estrea unha unidade de conduta suicida
Pontevedra estrea unha unidade de conduta suicida
Estará no centro de Mollavao e formarana catro profesionais
A área sanitaria de Pontevedra estreou este mércores a súa nova unidade de conduta suicida, un servizo que busca ofrecer aos pacientes as "ferramentas necesarias" para evitar que tenten quitarse a vida.
Este programa será complementario ás unidades de saúde mental das que dispón a sanidade pública en Pontevedra.
A unidade está situada no centro de especialidades de Mollavao.
Conta cun cadro de profesionais composto por un psiquiatra, un psicólogo clínico, unha persoa encargada da enfermería relacionada coa saúde mental e un administrativo.
Atenderá pacientes de toda a área, que permanecerán ao redor de seis meses cun programa para detectar e aprender fórmulas que permitan afrontar esa conduta suicida.
Actualmente, un terzo das asistencias ás urxencias do hospital pontevedrés están relacionadas coa saúde mental e con intentos suicidas.