Unha familia de Quiroga relata o terror vivido en Marraketch durante o sismo
Unha familia de Quiroga relata o terror vivido en Marraketch durante o sismo
Miguel, Maite e a súa filla Irene chegaron este domingo a casa despois dunha longa viaxe en coche dende Marrocos
Chegou a Galicia a familia de Quiroga que estaba ceando no terceiro piso dun restaurante situado xusto enfronte do minarete da praza principal de Marraketch cando se produciu o tremor.
Regresan esgotados, tanto pola situación vivida como polas case 48 horas que levan de viaxe. Nos seus sentimentos mestúranse o alivio por estaren na casa coa dor polo pobo marroquí. Nas súas cabezas reviven unha e outra vez o momento do terremoto.
Miguel, Maite e a súa filla Irene viaxaron este ano a Marrocos por segunda vez. Despois de percorrer o Atlas nun catro por catro cuns amigo, cos que estiveron pola zona do deserto de Ibiki, estaban de volta en Marraketch e ían pasar alí dous días antes de regresar.
A praza do minarete cinco minutos antes do tremor estaba chea. Tamén o restaurante no que ceaban dous minutos antes do caos. Miguel sacou primeiro a filla e despois volveu pola muller que quedara atrapada baixo as cadeiras.