Publicador de contidos
Publicador de contidos

Porriño e Guardés seguen a demostrar a fortaleza como locais

Porriño e Guardés seguen a demostrar a fortaleza como locais

As porriñesas gañáronlle a Oviedo por 28-26

O Mecalia Guardés tamén se impuxo a Granollers por 34-31

G24.gal 08/10/2023 11:04

O Mecalia Guardés impúxose por 34-31 ao Granollers na sexta xornada da Liga Feminina de balonmán. Dous equipos moi parellos que xogaron un gran partido decidido nos últimos dez minutos. 

Ata ese intre a igualdade foi máxima sen que ningún dos dous equipos conseguira vantaxes por riba dos dous goles. A ese treito final chegouse con empate a 27 pero o Guardés fixo un parcial de 4-0 (31-27) que encamiñou o triunfo. Cecilia Cacheda con 3 goles nesa parte (8 en total) resultou decisiva. 

O Conservas Orbe Rubensa Porriño recibía o Oviedo e tamén acadou a vitoria por 28-26. O resultado non reflicte a superioridade porriñesa pero a relaxación dos últimos minutos provocou que as visitantes se achegasen no marcador. 

Tivo varias posibilidades de rachar o partido o equipo galego no primeiro tempo pero non conseguiu irse por riba dos tres de diferenza (13-10). No segundo sí colleu unha marxe cómoda (19-13, 22-16) pero non acabou de pechar o partido. As ovetenses puxéronse a dous (26-24) a tres minutos do final pero aí quedou a reacción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar