Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal aproveita a fraxilidade turca para coroarse primeira de grupo

Portugal aproveita a fraxilidade turca para coroarse primeira de grupo

Os de Roberto Martínez gañan 3 a 0 a unha Turquía con máis ímpeto que precisión

Foto: EFE
G24.gal 22/06/2024 19:44 Última actualización 22/06/2024 21:10

A selección portuguesa non tivo maiores complicacións para vencer a Turquía e asegurar a súa clasificación como primeira clasificada no grupo F. 

A primeira parte tivo un ritmo igualado, con ida e volta e Turquía tamén pisando a área lusa, especialmente nunha grande acción de Aktürkoğlu pola banda esquerda. Non obstante, nunha das varias chegadas que tiña Portugal apareceu un rebote para Bernardo Silva que puxo o un a cero no minuto 21 da primeira metade. Pouco despois, un mal pase de Cancelo provocara o enfado de Cristiano pero para sorpresa de todos o central turco Akaydin cedeu un balón sen mirar ao seu porteiro que viña a polo balón e non foi quen de reaccionar a tempo. Curtocircuíto otomán e o partido marchou ao descanso cun claro dous a cero.

Na segunda metade ambas seleccións baixarían o ritmo e Portugal aproveitaría a unha Turquía botada arriba para poñer o terceiro e definitivo nun pase da morte de Cristiano a Bruno Fernandes que lle regalaba o gol. 

Portugal é primeira de grupo, xogará o último partido desta fase ante unha Xeorxia que, de igual maneira que República Checa e Turquía, ten opcións abertas para clasificarse. Para este encontro non poderá contar con Rafael Leao que por acumular dous cartóns amarelos nos dous primeiros partidos, ambas por simulación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos