Portugal elimina o IVE de preto de medio cento de alimentos básicos
Portugal elimina o IVE de preto de medio cento de alimentos básicos
A intención é que facer a compra en Portugal saia a partir de hoxe máis barato
O bacallau, a sardiña ou a dourada quedan sen IVE en Portugal ata outubro e iso xa se nota nos supermercados lusos.
Tamén a carne e produtos de primeira necesidade como o pan o arroz, pasta, ovos e tamén o aceite.
O Goberno portugués retira o IVE a un total de 46 alimentos tamén legumes e verduras despois de selar un convenio cos sectores da produción e da distribución. Faino para axudar as familias asfixiadas nunha época de inflación histórica, a mais elevada dende a década dos 90.
Moitos galegos están tamén a aproveitar estes prezos e cruzan a fronteira na busca destes produtos para aforrar cartos.
A medida ten un impacto económico para as arcas públicas portuguesas de máis de 600 millóns de euros.