Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal dá o visto e prace á extracción de litio na mina portuguesa de Barroso

Portugal dá o visto e prace á extracción de litio na mina portuguesa de Barroso

A mina a ceo aberto máis grande do continente está a 30 km de Ourense

G24.gal 01/06/2023 17:28 Última actualización 01/06/2023 21:27

A Axencia Portuguesa de Ambiente dá o visto e prace ao proxecto de extracción de litio en Barroso (a 30 km de Ourense), aínda que baixo certas condicións aínda por cumprir.

A compañía británica Savannah Resources explicou que xa poden "avanzar á seguinte etapa do proceso de licenza ambiental" e reiniciar os traballos para completar o estudo de viabilidade definitivo.

Matizou que esta autorización se emitiu "cun conxunto de condicións, medidas e compensacións" que aceptaron, que "deberían proporcionar unha maior garantía" do impacto ambiental e social do proxecto e de que os beneficios socioeconómicos son compartidos con todas as partes interesadas.

Entre os requisitos marcados pola APA, queda incluída a limpeza da vexetación da zona "varios meses ao ano", a construción dunha conexión a unha autoestrada, a prohibición de extraer auga dun río próximo e programas de descarbonización e de conexión coa comunidade local, entre outros.

Savannah Resources espera cumprir os próximos pasos da licenza ambiental entre os próximos nove e doce meses.

A mina de Barroso é un dos maiores proxectos de extracción de litio de Europa Occidental. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar