Portugal prolonga o estado de continxencia contra os incendios ata o domingo
Portugal prolonga o estado de continxencia contra os incendios ata o domingo
Costa pide extremar a precaución ante o aumento das temperaturas e do vento: "Hoxe é o día máis grave"
A vaga de lumes deixa xa 10.000 hectáreas arrasadas
Portugal afronta hoxe o seu "día máis grave" na súa loita contra os incendios, polo aumento das temperaturas e o vento, advertiu o primeiro ministro António Costa, que anunciou a extensión do estado de continxencia no país ata o vindeiro domingo.
"Hoxe é o día máis grave polo aumento das temperaturas, o vento e a baixa humidade", dixo Costa. "Hoxe é o día que necesitamos máis coidado".
O primeiro ministro adiantou tamén que o Goberno aprobará hoxe estender a declaración de estado de continxencia ata o domingo ante as previsións meteorolóxicas, que anuncian altas temperaturas e ventos durante a fin de semana.
O estado de continxencia, decretado o luns e vixente inicialmente ata o venres, inclúe a prohibición de queima de restrollos, do uso de pirotecnia, de maquinaria e actividade en áreas forestais e o reforzo de equipos de extinción.
Portugal mantén a alerta vermella en gran parte do país e combate sete incendios activos, que, na súa maioría, "xorden moi preto de poboacións", indicou o primeiro ministro.
"Un pequeno descoido pode terminar nunha enorme traxedia", insistiu tras reunirse con expertos do Instituto Portugués do Mar e a Atmosfera.
Mentres aumentan en Portugal as dúbidas sobre os medios dispoñibles para afrontar o problema, o líder socialista luso defendeu que "a resposta non son máis medios, senón máis coidado"."Iso non ocorre só en Portugal", subliñou. "Os recursos non son limitados en Portugal, son limitados".
Máis de 3.000 efectivos combaten hoxe os incendios que salpican o interior de Portugal de norte a sur, con especial incidencia na rexión de Leiria (centro), e deixaron 10.000 hectáreas arrasadas, ademais de 700 evacuados. A vaga de lumes deixa unha vítima mortal en Aveiro.
O lume propagouse por diferentes parroquias de Caminha ao longo de arredor de arredor de dez quilómetros. Ao mesmo tempo no norte luso producíanse incendios en Valença, Arcos e Ponte da Barca. Os efectivos antiincendios non deron abasto. Na parroquia de Lanhelas os veciños foron determinantes pra acabar coas lapas.
Por aire e por terra os efectivos continúan os traballos na zona ante a posibilidade de que se reaviven as lapas. Foi unha noite longa en Caminha onde o lume chegou a estar próximo ás casas.
No norte os incendios están controlados e practicamente extinguidos aínda que baixo vixilancia.
O resto do país tamén foi pasto das lapas, unha das maiores ameazas produciuse en Outarem que xa está controlado, e en Leiria, no Algarve aínda continúan activos. A climatoloxía complica a situación.