Publicador de contidos
Publicador de contidos

Portugal remonta sobre a bucina (2-1)

Portugal remonta sobre a bucina (2-1)

Cristiano foi titular na súa sexta Eurocopa, pero fallou unha boa ocasión na primeira parte

Conceição marcou o gol da vitoria no tempo engadido

G24.gal 18/06/2024 22:32 Última actualización 18/06/2024 22:54

Portugal logrou a vitoria na primeira xornada do Grupo F ante a República Checa. Con Cristiano como titular xogando a súa sexta Eurocopa, os nosos veciños non estiveron atinados na fase ofensiva, pero acabaron logrando a vitoria cun tanto no engadido. 

No primeiro tempo non houbo goles. A mellor ocasión estivo nas botas de Cristiano Ronaldo, pero non andou atinado no man a man diante de Jindrich Stanek, porteiro checo. O dominio era total dos de Roberto Martínez, pero faltoulles profundidade. 

Na segunda parte viñeron os goles. Aos 62 minutos, Lukas Provod enganchou un gran disparo desde a frontal que superou a Diogo Costa. Portugal estaba contra as cordas, pero tivo a sorte de empatar nunha xogada afortunada. Nuno Mendes tocou de cabeza e entre Stanek e Hranac acabaron marcando na súa propia porta. 

No minuto 87 Portugal marcou o segundo nun remate de Diogo Jota, pero foi anulado polo VAR porque estaba en posición de fóra de xogo. Insistiu o equipo portugués e acabou logrando o gol da vitoria no minuto 92, cando o que acababa de entrar, Chico Conceição, cazou unha bóla na área pequena para marcar o definitivo 2-1.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos