Publicador de contidos
Publicador de contidos

Posta de longo dun Leyma que inicia unha temporada histórica

Posta de longo dun Leyma que inicia unha temporada histórica

Charlie Uzal deu a benvida a Augusto Lima, Trey Thompkins, LJ Figueroa e Phil Scrubb

G24.gal 21/08/2024 13:53 Última actualización 21/08/2024 14:03

O Museo Mega de Estrela Galicia acolleu a presentación de catro das cinco caras novas do Leyma Básquet Coruña. Só faltou á cita o base Brandon Taylor, cuxa fichaxe se anunciou apenas 48 horas antes.

Charlie Uzal, director deportivo do novo equipo ACB, deu a benvida a Augusto Lima, Trey Thompkins, LJ Figueroa e Phil Scrubb. E a entrada a un vídeo con imaxes da histórica tempada pasada.

A continuación, Uzal presentou un a un aos protagonistas do acto, unha introdución acompañada de imaxes en acción dos catro novos pupilos do técnico Diego Epifanio. Os xogadores comentaron as razóns que lles levaron a unirse ao primeiro proxecto ACB do Básquet Coruña na máxima categoría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar