O arranxo do derrubamento da A-6 en Becerreá agarda pola chegada dun gran guindastre

Unha semana despois do sinistro, os vehículos teñen que desviarse por un dos carrís contrarios

G24.gal 27/10/2023 14:23

Pasou unha semana tras o derrubamento nesta ladeira da A-6 e a imaxe segue sendo a mesma.

Mentres, unha máquina vai estabilizando o material caído os veciños, aínda se amosan impresionados co acontecido.

Prevese a chegada dun guindastre de grandes dimensións para traballar na parte máis alta da ladeira, pero os veciños temen xa novas derrubas.

Denuncian o mal estado da A-6 ao seu paso pola provincia de Lugo.

Mentres continúan as obras, e sen prazos de apertura, os vehículos deben circular por un dos carrís en dirección Madrid uns dous quilómetros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade