Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prado e Fernández fan historia: segundo e terceiro no GP de Indonesia

Prado e Fernández fan historia: segundo e terceiro no GP de Indonesia

Os dous galegos quedaron por detrás de Gajser, que a gañou con autoridade as dúas mangas

G24.gal 26/06/2022 07:29 Última actualización 26/06/2022 11:21

Xornada histórica para o motocrós galego. Jorge Prado e Rubén Fernández subiron ao podio no Grande Premio de Indonesia, xusto por detrás do líder do mundial Tim Gajser.

Na primeira manga Jorge Prado e Rubén Fernández xa quedaron nos postos de privilexio. Só Tim Gajser estivo mellor que os dous pilotos da terra. Por detrás Prado mantivo un ritmo moi constante (sempre a 5-6 segundos do esloveno) e Fernández xusto por detrás mantendo a raia a Coldenhoff e Febvre. Jorge Prado ademais recortou un bo número de puntos a un minguado Seewer na pelexa pola segunda posición do Campionato do Mundo. 

Na segunda, Jorge Prado acadou o Holeshot pero rematou no segundo posto. Gajser volveu demostrar o seu poderío físico e pasoulle ao lucense para gañar con claridade. Rubén Fernández xestionou de xeito perfecto un cuarto posto que, ao sumar os puntos das dúas mangas, facíao acceder ata o terceiro posto na xeral final. 

Prado aproveitou o mal día de Seewer para situarse no segundo posto da clasificación do Mundial con 410 puntos, lonxe dun Gajser insuperable (535 puntos). Rubén Fernández manten a sexta posición con 342 puntos, a 21 de Coldenhoff. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar