Publicador de contidos
Publicador de contidos

Prado gaña a segunda rolda en Flandres e mantén 99 puntos de renda no mundial

Prado gaña a segunda rolda en Flandres e mantén 99 puntos de renda no mundial

A vitoria foi para Febvre, que non dá reducido a desvantaxe co galego

G24.gal 23/07/2023 18:07

Jorge Prado deu outro pasiño cara ao título mundial de MXGP no Gran Premio de Flandres. Unha carreira que comezou coa mesma dinámica das últimas semanas. Con Romain Febvre dándoo todo á busca de recortar a diferenza no mundial co líder, Jorge Prado, e co lugués correndo con moita intelixencia.

Febvre gañou con autoridade a primeira quenda por diante de Coldenhof. Pero cando parecía que Prado se conformaba coa cuarta praza, adiantou a Vlaanderen na última volta para rematar de terceiro e reducir a cinco puntos esa perda co gañador. Rubén Fernández sufriu unha caída cando loitaba por ser sétimo e acabou undécimo.

A segunda quenda foi outra historia. Jorge Prado colleu a cabeza e mandou con autoridade, mentres a lea se producía por detrás. Jeremy Seewer cometeu un erro a poucas voltas do final, e aproveitouno Romain Febvre para colocarse de segundo, o que lle aseguraba o triunfo no Gran Premio.

Pero o francés non se conformou e, nas últimas voltas, axexou a Prado, que tivo que defender o primeiro posto. Chegou a colocarse Febvre a menos de dous de Prado, pero reaccionou o líder e asinou o triunfo nesta segunda manga. Non lle abondou para gañar o Gran Premio, pero mantén 99 puntos de marxe na xeral do campionato.

Rubén Fernández fixo o holeshot, pero despois foi perdendo posicións. Rematou a quenda na sexta praza, que lle permite manter unha fermosa loita polo terceiro posto do mundial con Jeremy Seewer, arestora mellor co galego por 25 puntos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar