Prado mantén o dominio do Mundial e suma un novo podio en Portugal
Prado mantén o dominio do Mundial e suma un novo podio en Portugal
O piloto galego gañou a primeira carreira pero acabou a segunda manga na sexta posición
Rubén Fernández quedou ás portas do podio
Jorge Prado mantivo en Portugal a liña deste inicio de temporada. Gran primeira manga na que logrou o triunfo e unha segunda na que o aspecto físico lle pasou factura. Foi o sexto, mantivo a posición no podio do Grande Premio e o primeiro posto no mundial
A primeira manga foi un recital de Jorge Prado. O piloto lucense marcou o holeshot e ninguén puido seguir o seu ritmo. Só Febvre se puido achegar aos seus rexistros con Herlings máis retrasado. No treito final o piloto dos Países Baixos apertou o ritmo, presionou a Febvre e os dous achegáronse a Prado que puido manter a primeira posición.
Rubén Fernández tamén fixo unha gran saída no cuarto posto pero un erro puntual que lle fixo perder tres postos evitou que chegase nas prazas de privilexio.
A segunda manga foi de dominio de Jeffrey Herlings. Estableceu un ritmo infernal logo de superar a Rubén Fernández ao pouco de saír e iguala a mellor marca de vitorias no Mundial con 101. O vigués acabou na segunda posición nesta segunda carreira para asinar un cuarto posto no global. Prado quedou máis retrasado logrando un sexto posto co que mantivo o terceiro chanzo no podio.