Cargando resultados...
Prata para Antía Jácome no C2-500 dos Xogos Europeos de piragüismo
Prata para Antía Jácome no C2-500 dos Xogos Europeos de piragüismo
Nunha carreira moi apertada, as ucraínas gañaron por unha escasa marxe
G24.gal
22/06/2023 22:53
Nos Xogos Europeos de Piragüismo en Cracovia, Antía Jácome xunto á madrileña María Corbera lograron a medalla de prata no C2-500 quedando por detrás das ucraínas, que conseguiron o ouro por unha escasa marxe.
Tras rematar a proba as dúas padexeiras dicían ter un sabor amargo por non conseguir o primeiro posto. Xa pensan no principal obxectivo do ano, o Mundial de Duisburgo en agosto.