Publicador de contidos
Publicador de contidos

Praza sen exame para os docentes interinos con 5 anos de antigüidade

Praza sen exame para os docentes interinos con 5 anos de antigüidade

O Goberno aproba unha norma para reducir unha temporalidade do 23%

O concurso de méritos deberá convocarse antes de 2025

Antón Montero 12/04/2022 18:37

Do medio millón de mestres e profesores que hai na educación pública, o 23% son interinos, moi lonxe do tope do 8% a que obriga a lei.

Para corrixilo, o Goberno lanza un dobre proceso excepcional: os que estean exercendo desde antes de 2016 poderán acceder á praza mediante concurso de méritos, é dicir, so terán que acreditar antigüidade ou formación.

Para quen entrara máis tarde, si haberá exame, pero as probas non serán eliminatorias e a experiencia terá máis peso na nota final.

Isabel Rodríguez, voceira do Goberno, explicou que pretenden "mellorar as condicións de vida deses empregados públicos, pero tamén dos escolares e familias que, especialmente no ámbito rural, acusaban esta interinidade con moitos cambios das persoas que atendían a educación dos seus fillos".

As probas terán que celebrarse antes de que remate 2024 e cada comúnidade só poderá convocar unha. A substitución de xubilacións ou falecementos e as prazas de nova creación seguirán cubríndose polo concurso-oposición tradicional.

Inmigrantes indocumentados 

O Consello de Ministros tamén aprobou o novo procedemento para determinar a maioría ou minoría de idade dos inmigrantes indocumentados.

A partir de agora será un trámite xudicial e non administrativo, a sentenza non poderá tardar máis de 25 días e non se poderán practicar espidos integrais ou exploracións xenitais para determinar a idade.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade