Publicador de contidos
Publicador de contidos

Bruxelas urxe a España a mellorar as condicións laborais dos interinos

Bruxelas urxe a España a mellorar as condicións laborais dos interinos

A Comisión dá dous meses a España para abordar as diferenzas de trato laboral dos interinos respecto ao cálculo da antigüidade, o dereito a permisos ou o acceso a carreiras profesionais

G24.gal 25/07/2024 21:07 Última actualización 25/07/2024 21:33

Bruxelas urxe a España a mellorar as condicións laborais dos interinos. A Comisión Europea reclama que non existan discriminacións contra este tipo de traballadores no sector público español, unha situación contraria á lexislación da UE.

A Comisión Europea pide a España eliminar as condicións laborais discriminatorias e menos favorables que sofren os traballadores temporais do sector público. Os coñecidos como interinos. Bruxelas refírese ao dereito a vacacións máis pequenas. Isto iría en contra da lexislación europea.

Os profesores substitutos poden ser despedidos no verán para aforrar os seus soldos neses meses. Unha situación autorizada paradoxalmente polo Tribunal Supremo.

A Comisión dá dous meses a España para abordar as diferencias de trato laboral dos interinos respecto ao cálculo da antigüidade, o dereito a permisos ou o acceso a carreiras profesionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade