Prealerta por escaseza de auga nas presas de Cecebre e Baiona e no río Anllóns
Prealerta por escaseza de auga nas presas de Cecebre e Baiona e no río Anllóns
A Xunta pide un consumo responsable e anima a adoptar medidas de aforro
A auga que consomen máis de catrocentas mil persoas da área da Coruña procede de Cecebre. En apenas un mes, o nivel de ocupación do encoro baixou case dez puntos. Xa está por baixo do 70 %, lonxe do 85 % de hai un ano.
O abastecemento está asegurado, pero, con estes datos, a Xunta decidiu activar a prealerta por escaseza de auga. Augas de Galicia intensificará os controis dos niveis da presa, que pasan a ser quincenais en lugar de mensuais.
O consumo de auga aumenta nos meses do verán. O Goberno galego pide un uso responsable e anima a limitar as regas e a enchedura de piscinas, a reutilizar a auga sempre que sexa posible e a buscar o aforro nos pequenos xestos cotiáns.
Tamén están en situación de prealerta a conca do río Anllóns e o encoro de Baiona.